A Asociación Galega de Empresas TIC (Agestic) e o sindicato Xóvenes Agricultores acaban de asinar un convenio de colaboración para achegar as novas tecnoloxías aos cidadáns, empresarios, autónomos e traballadores das explotacións agrarias, cooperando en accións de difusión, de formación e de coñecemento das vantaxes das TIC na xestión e na mellora das condicións de vida e de competitividade.
O primeiro ámbito no que colaborarán ambas asociacións será o proxecto Infored Rural, que se desenvolverá a partir do mes de outubro en medio cento de concellos galegos, entre eles 15 da provincia de Lugo. Este proxecto, aprobado polo Ministerio de Industria cun orzamento de máis de 200.000 euros, contempla a realización de accións de dinamización e información en pequenas localidades rurais e parroquias. Entre esas accións está a de levar as TIC e Internet a esas zonas rurais nun autobús, o Infobus Bussi, totalmente equipado cos medios técnicos e humanos, entre eles un animador e un dinamizador TIC.
Neste autobús, cada cidadán poderá realizar unha experiencia persoal nun ordenador, guiada polo dinamizador. Deste xeito terá a oportunidade, entre outras cousas, de descubrir como buscar información útil, como relacionarse a través da Rede, como facer compras ou como realizar xestións persoais. Os participantes recibirán finalmente un manual-guía das novas tecnoloxías e Internet coa información precisa sobre como implantar nos seus fogares un ordenador.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios