Na primeira parte recitarán e cantarán poemas de Curros Enríquez e despois interpretarán zarzuelas
Antón de Santiago é o director da agrupación lírica Ofelia Nieto, de A Coruña, que naceu hai doce anos e que está formada por 25 cantantes e unha orquestra de 30 músicos. Hoxe actúan no Pazo da Cultura de Carballo ás 21.00 horas, e ao tratarse dunha gala lírica, non estarán todos os membros. Haberá tres cantantes, a mezzosoprano María José Ladra, o tenor Pablo Carballido e o barítono Antón de Santiago, ademais do pianista Alexis Diez.
-¿En que consistirá a actuación de hoxe?
-É unha gala lírica dividida en dúas partes. Na primeira, faremos unha homenaxe a Curros Enríquez, xa que se cumpren agora 100 anos da súa morte. Interpretaremos cancións baseadas nos seus poemas e recitaremos algunhas das súas obras. Na segunda parte haberá zarzuelas e dúos: Zapateado de la tempranica, romanza del Niño Judío; De este apacible rincón de Madrid, romanza del tenor Luisa Fernanda; No puede ser, romanza del tenor de La Tabernera del Puerto; Color de nido, de Katiuska, y Junto al puente de la peña, de La Canción del Olvido. Ademais, tamén cantaremos dúos de El barberillo de Lavapiés e da obra galega Maruxa.
-¿Son todos traballadores do Conservatorio?
-Os tres somos profesores de canto, ben no Conservatorio Profesional, no Superior ou na Escola Municipal de Música da Coruña.
-¿Como naceu a idea de crear esta agrupación lírica?
-Naceu en 1996 precisamente porque na clase de canto había un grupo de xóvenes cantantes que estaban acadando bos resultados. Por iso pensei en crear o grupo, para que tiveran a oportunidade de continuar aprendendo e tamén para empezar a profesionalizarse.
-¿A zarzuela non é un xénero un pouco inaccesible para o público?
-Para nada, o espectáculo de hoxe é moi accesible e fácil de entender, xa que recollemos un repertorio de cantigas moi ameno. Na parte adicada a Curros interpretamos cantigas populares moi bonitas e coñecidas, como Unha noite na eira do trigo. E na parte da zarzuela tamén, xa que escollemos as pezas máis brillantes que permiten lucir as voces. Eu creo que o público carballés terá unha boa oportunidade esta noite para gozar da zarzuela e coñecer un pouco máis esta arte.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios