A Compañía do Trinke Trinke levou á escea a obra do autor chairego
Un ancián procedente do medio rural pasa os últimos días da súa vida no piso dunha filla nunha cidade galega calquera. Un día recibe a visita da súa neta, unha moza á que non ve dende fai anos. A través de distintos obxectos que o home conserva nun baúl, e a través das poesías de Manuel María, avó e neta van lembrar a non tan lonxana vida na aldea.
Esa lembranza da que fala Os soños na gaiola , libro senlleiro da lírica galega dedicada á infancia, converteuse en teatro por obra e graza da Compañía do Trinke Trinke e a editorial Xerais, que ten publicada a obra do autor chairego na colección Merlín e que apostou por este escritor e por este título, precisamente, para participar na campaña de animación á lectura que se desenvolve estes días na capital de Bergantiños.
O espectáculo de onte converteuse nunha homenaxe a Manuel María e ao cantautor Suso Vaamonde, que musicou os seus versos. Esta vez, a poesía conseguiu engaiolar a 170 alumnos do colexio Fogar, que tamén tiveron a súa parte de protagonismo nunha función na que se mesturaron música, literatura e xogo.
Durante os próximos días, a iniciativa que desenvolve a Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coas editoriais e o Concello de Carballo, estará aparcada. Pero regresará con forza o 1 de decembro, xa que Kalandraka, que é outra das empresas participantes, ten programados unha exposición e unha serie de actividades que se desenvolverán ata o día 18 no Pazo da Cultura, e nas que participarán centos de nenos dos colexios locais, pero tamén de Coristanco e Malpica.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios