pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.barbanza
Ir a la Portada

Buscador de contenidos

Elige:

Respecto ás festas tradicionais

Os inquilinos da residencia de maiores de Ribeira celebraron un magosto e preparan xa o Nadal

Autor:
Marta Gómez
Fecha de publicación:

Polo xeral son os colexios os que se ocupan de organizar actividades para recuperar e evitar que caian no esquecemento as festas tradicionais. Sen embargo, non sería posible manter estes costumes se non fose porque hai persoas maiores decididas a seguir celebrando esas citas.

É o caso dos inquilinos da residencia da terceira idade de Ribeira, que organizaron un magosto por todo o alto no que non faltaron as castañas e a música, tan importantes nas celebracións de outrora. Os integrantes da escola de música O Alboio, de Bastantes Llon, participantes habituais das festas organizadas na residencia, foron os encargados de poñer a música para o baile posterior á degustación.

Esta festa, a segunda que se leva a cabo este mes despois da que se organizou o día 1, serviu só para que os residentes das instalacións de Geriatros en Ribeira quentasen motores antes do Nadal, para o que xa se están preparando.

As actividades de pintura e manualidades que se levan a cabo a diario dedicaranse dende xa mesmo a elaborar os adornos cos que, a partires de decembro, decoraranse os corredores e habitacións da residencia. E dende mediados do vindeiro mes ata que comece o 2009, os maiores do centro terán unha completa axenda, con actuacións nas instalacións de rapaces dos centros educativos da cidade, a visita ao belén que todos os anos se instala no concello, comidas especiais e festas con visita de Bastantes Llon e Papá Noel incluída e baile con cotillón para despedir o 2008.

Ademais, xa hai actividades previstas para o mes de xaneiro, e os residentes ensaian as súas actuacións para mostrar as súas habilidades artísticas no concurso Lluvia de Estrellados.

Festa aniversario

Os inquilinos da residencia Abrente de Noia están dispostos a demostrar que non son menos festeiros que os ribeirenses, e estes días están centrados na celebración do aniversario das instalacións, que festexan cun bo número de actividades que culminarán o sábado, cando se cumpren tres anos da apertura do centro de maiores de Santa Uxía.

Onte sen ir máis lonxe os residentes visitaron en Santiago a exposición de Laxeiro, e esta tarde porán a proba as súas voces cunha sesión de karaoke. Pero os actos máis importantes resérvanse para o sábado, cando se celebrará unha misa e unha comida especial á que seguirá o baile de rigor.

 

ENVIAR NOTICIA  

Respecto ás festas tradicionais

Os inquilinos da residencia de maiores de Ribeira celebraron un magosto e preparan xa o Nadal

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
Respecto ás festas tradicionais
Os músicos de Bastantes Llon achegáronse ás instalacións ribeirenses para participar na festa
Autor de la imagen: | BALVÍS
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.barbanza
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.barbanza
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.