pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.arousa
Ir a la Portada

Buscador de contenidos

Elige:

O Arousa Fútbol 7 reducirá de 24 a 16 o número de equipos da fase final na vindeira edición

O cambio posibilitará que o torneo se dispute nun único campo desde o primeiro partido

Autor:
Pablo Penedo
Fecha de publicación:

Tres días de espectáculo sobre o céspede da Lomba, e once meses de traballo previo. A organización do Arousa Fútbol 7 (AF7), o torneo internacional alevín que cada primavera trae a Vilagarcía de Arousa a varias das mellores canteiras de Europa e América do Sur, comezou a ofrecer esta semana as primeiras novidades da que será a decimocuarta edición do campionato no 2009.

A máis importante de todas, sen dúbida, é a drástica reducción do número de equipos que disputarán a fase final do Arousa Fútbol 7. Así, trala ampliación neste 2008 da nómina de participantes de 20 a 24, os responsables do evento confirmaron que o número baixará o vindeiro ano ata os 16. Doce conxuntos de primeiro nivel invitados pola organización, e os catro que desde hai varias edicións chegan procedentes da fase previa.

O presidente do Arousa Fútbol 7, Manolo Diz, atribuíu a reducción de equipos a dous factores. Por un lado, á crise económica que se está a vivir no mundo en xeral e en España en particular. «Dependemos das firmas publicitarias, e a cousa non está para moitas florituras», resume Diz.

Os problemas de financiamento non son alleos ao mundo do deporte, de aí que finalmente a organización do AF7 decidise ampliar a eliminación de prazas na fase final cando a mediados de xuño, recén finalizada a edición 2008, o propio presidente do evento cría moi probable a volta a 20 equipos por unha pura cuestión de operatividade.

Ademais da crise, trala reducción de equipos se atopa tamén «un tema de imaxe». Neste senso, Diz sinala que a TVG, que retransmitíu 18 horas do último AF7, aconselloulle á organización que toda a fase final do torneo se desenvolva nun único campo, e non como se fixo ata agora, co céspede da Lomba albergando dous encontros simultáneos ata os oitavos de final (incluídos).

 

ENVIAR NOTICIA  

O Arousa Fútbol 7 reducirá de 24 a 16 o número de equipos da fase final na vindeira edición

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
O Arousa Fútbol 7 reducirá de 24 a 16 o número de equipos da fase final na vindeira edición
O Arousa Fútbol 7 adáptase ás esixencias da televisión
Autor de la imagen: | MARTINA MISER

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.arousa
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.arousa
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.