pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.arousa
Ir a la Portada

Buscador de contenidos

Elige:

Quérote «O orgasmo feminino non é ningún mito, senón que existe»

Ensinarlles ás mulleres a coñecer a súa sexualidade e a que gocen dela é o obxectivo deste taller que organiza a Xunta

Autor:
M. Alfonso
Fecha de publicación:
Hora:
Actualizada a las 9:24 h

Obradoiro de erótica feminina é o título do curso que Isabel Presas impartíu onte á tarde en Cambados. Un taller para falar de sexo, pero tamén dos pequenos praceres dos que poden gozar as mulleres unha vez que coñecen mellor a súa sexualidade.

-¿Que é a rede de centros Quérote?

-Traballo para unha rede de centros que creou a dirección de Xuventude e que están xestionados polo Consorcio de Servizos Sociais. A nosa misión é a educación afectivo-sexual para a mocidade aínda que, ao final, adicámonos a todos os ámbitos. Dentro desa rede de centros englóbase o proxecto Quérome, que é impartir talleres de erótica feminina.

-¿E a xente non se asusta cando se lle fala de erótica?

-Así de primeiras sorprende, porque cando falamos de sexualidade parece que só nos referimos a cuestións coma a menopausa. Pero con isto queremos facer un taller no que un grupo poida falar de cuestións relacionadas coa sexualidade da muller. Queremos ampliar os espazos de pracer, explicar que hai pracer máis alá dos xenitais e do coito, potenciar o coñecemento da sexualidade de cada un para que poida gozar e ter pracer. Tamén falamos explicitamente de sexualidade porque todo repercute na nosa vida. Se partimos da información social, das pelis, temos unha idea coitocentrista do sexo e o orgasmo feminino non é ningún mito, senón que existe.

-¿Pero a sexualidade feminina non é un tema tabú?

-A sexualidade é un tema tabú. Hai certa reticencia a falar diso por esa significación social que di que cando falamos de sexualidade é falar de sexo e a sexualidade é moito máis. As mulleres temos unha sexualidade propia polo feito de ser mulleres. Pero tamén imos construíndo esa sexualidade porque cada unha temos a nosa forma de ver as cousas, de sentir... A sexualidade non é algo dado ou adquirido, é algo que construímos.

-¿E a xente non é reacia a falar desas cousas?

-De primeiras hai expectativas, porque a xente vén de bo rollo porque lle interesa e lle sorprende que se fale de erotismo feminino. E a medida que vai avanzando, a xente vaise soltando e acabas moi satisfeita porque ves as súas caras.

-¿Como logran que lle conten cousas que non saben nin as súas familias?

-Xeralmente contan cousas de cando eran máis novas e ese é o xeito de que se cree un clima de confianza e naturalidade.

-¿Que buscan con estes talleres?

-Un pouco é naturalizar ese tema, quitarlle ese tinte de tabú e velo como algo que forma parte da vida. Analizar que forma parte de nós e que somos responsables da súa construción porque somos seres sociais. O feito de coñecernos danos máis confianza e permítenos desterrar mitos como que a sexualidade ten data de caducidade ou que ten que haber parella para gozala. Permite que nos demos pequenos praceres, que nos coidemos, que nos agarimemos.

-¿A xente pregunta moito?

-É moi habitual. Pregunta moito sobre o coñecemento do corpo, coma a localización do clítoris, ou sobre o orgasmo. Porque se nos di que a práctica sexual suprema nas mulleres é o coito. E entón pensamos que é culpa nosa e, de repente somos todas anorgásmicas, ou da nosa parella, que non o fai ben.

-¿Queda moito por facer ou as cousas melloraron?

-Queda moito por facer. Estamos en momento de crise, coma se soe dicir. O de antes se infravalora e agora cremos que sabemos todo. E o único que ocorre é que o sexo é mais explícito, pero iso non é sexualidade. Agora parece que para ser moderno hai que facer determinadas cousas e o que pretendemos é que a xente coñeza, teña información e sexa crítica.

 

ENVIAR NOTICIA  

Quérote «O orgasmo feminino non é ningún mito, senón que existe»

Ensinarlles ás mulleres a coñecer a súa sexualidade e a que gocen dela é o obxectivo deste taller que organiza a Xunta

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«O orgasmo feminino non é ningún mito, senón que existe»
Isabel Presas impartíu onte un obradoiro no centro da Merced
Autor de la imagen: | MÓNICA IRAGO
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.arousa
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.arousa
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.