Os dous representantes mariñanos en 1ª Nacional B cumpriron cos pronósticos e colleitaron sendas vitorias nas súas respectivas saídas a canchas de conxuntos que ocupan os últimos lugares da táboa clasificatoria. Con estes triunfos e as derrotas do líder e do antigo terceiro, a clasificación comprímese e tanto trabadenses coma pontenoveses achéganse ao grupo de cabeza.
O Superti derrotou ao Troula de Betanzos por 1-3. Os pupilos de Josiño fabricaron menos ocasións que en xornadas anteriores, pero amosaron unha maior efectividade de cara ao marco contrario. O técnico pontenovense cualificou a vitoria como «de seis puntos, xa que foi ante un dos nosos rivais directos. Era importante ganar porque o necesitabamos animicamente e para non complicar en exceso a nosa situación clasificatoria», manifestou.
Os da Pontenova reciben mañá a visita do Automoción La Junquera de Vilagarcía de Arousa (Municipal, 17.30 horas), no que será un encontro máis difícil para o cadro mariñano. Así o ve tamén Josiño, que agarda «un choque máis duro que o do sábado, ante un equipo cun potencial moi superior». Porén, o equipo pontenovense prepara a cita «con moita ilusión, xa que agora temos unha serie de rivais difíciles, pero ao ter os deberes feitos de antemán encarámolos con moita tranquilidade», argumentou Josiño.
Pola súa banda, o Trabada desfíxose con facilidade do pechacancelas do grupo, o Concello de Arzúa, logo de vencer por 3 tantos a 7. Julio Delgado, técnico dos laranxas, recoñeceu a fraxilidade do rival. «Era un equipo bastante frouxo e dedicámonos a cumprir o trámite».
Partido «vital»
Os trabadenses terano moito máis complicado maña (Municipal, 18.30 horas), xa que recibirán ao Calotoloyo Concello de Sarria, que vén de derrotar a domicilio (2-5) ao antigo terceiro, o Automoción La Junquera. Delgado coñece o potencial dos sarrianos e anticipa que se medirán a un rival «con moita calidade e xogadores moi experimentados». O estratega laranxa calificou ao partido de «vital» para as aspiracións do Trabada, debido a que un triunfo «meteríanos no grupo de cabeza» e agarda que os seus xogadores «estean concentrados no encontros desde o comezo ao final, xa que será o único xeito de acadar algo positivo», comentou. Santi, cunha escordadura de nocello, perderase a cita e causará baixa nas vindeiras semanas.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios