pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.amarina
Ir a la Portada

Buscador de contenidos

Elige:

O Balonmán Viveiro loitará mañán polo primeiro posto

Despois de cinco victorias consecutivas, recibirá ao Culleredo

Autor:
La Voz
Fecha de publicación:

O Balonmán Fishing Work Viveiro segue contando todos os seus encontros oficiais por vitorias, a pesar de que o pasado domingo realizou un dos seus peores partidos desta tempada na súa visita á cancha do Balonmán Ártabro-Hércules. De todos os xeitos, derrotaron aos herculinos por un apretado 25-27.

O principal hándicap dos da cidade do Landro foi a mala defensa realizada durante practicamente os sesenta minutos de partido. O encontro comezou moi igualado, cos dous equipos intercambiando goles e os ataques impoñéndose con facilidade ás defensas. Deste xeito, os visitantes só acadaron a súa maior renda do primeiro tempo nos últimos minutos cando se puxeron dous goles por diante, aínda que ao tempo de lecer se chegou cunha mínima vantaxe para os mariñanos (14-15).

O segundo acto mantivo a tónica do primeiro. A máxima igualdade rompeuse nos dez últimos minutos, momento no que o bloque defensivo azul subiu a súa intensidade e axudou a que os do Fishing Work aumentasen as distancias ata os catro goles (21-25). Aínda que o partido semellaba pechado, un tempo morto solicitado polo adestrador local provocou a reacción dos coruñeses, que foron quen de volver situarse a só un gol dos viveirenses (25-26). Un tanto de Carlos a quince segundos de final levaba a tranquilidade ao bando visitante e poñía no luminoso o 25-27 definitivo.

Toca o Culleredo

Polo Fishing Work xogaron e anotaron: Víctor e Rico; David (2), Carlos (6), Fran (6), Miguel (1), Oki (4), Villares, Mario (8), Diego e Julio. O conxunto mariñano xoga mañá a última xornada da primeira rolda do Trofeo Delegación Norte. Os viveirenses reciben no Municipal de Viveiro (18 horas) ao Balonmán Culleredo, co que se xogarán o primeiro posto. Aos azuis bástalles un empate ou perder dun gol para ser primeiros de grupo, xa que na ida venceran de dous, 22-24.

Categorías inferiores

O equipo xuvenil masculino e o cadete feminino trouxeron unha victoria e unha derrota da súa visita ao Viña Costeira de Ribadavia. A de cal dérona os rapaces de Álvaro Senovilla que derrotaron aos ourensanos por un estreito 22-23. Os azuis foron quen de traerse os dous puntos, a pesar de que entraron nos últimos tres minutos perdendo de dous goles (22-20). A derrota sufriuna o cadro feminino, que non tiveron ningún tipo de marxe ante as de Ribadavia (31-4).

 

ENVIAR NOTICIA  

O Balonmán Viveiro loitará mañán polo primeiro posto

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
O Balonmán Viveiro loitará mañán polo primeiro posto
Un lance do encontro entre o Fishing Work e o Lucus
Autor de la imagen: | XAIME F. RAMALLAL
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.amarina
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.amarina
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.